Vostede está aquí

Isabel González Estévez

Presentación

Isabel González inicia a súa carreira profesional no departamento de contabilidade dun grupo de empresas lider en Galicia no sector de distribución de ferraxaría, siderurgia e enxoval, e do sector de hostalaría, nas que ao longo de 20 anos adquire unha ampla experiencia en contabilidade e administración. Posteriormente incorpórase a un despacho de asesoramento fiscal e contable de PEMES no que durante 14 anos dedícase ao asesoramento laboral e fiscal tanto a empresas como a particulares.

Incorpórase a PS Tributación y Finanzas en 2008 estando especializada na área contable e fiscal.

Formación académica

  • Diplomada en Graduado Social, pola Escola social de Santiago, 1988
  • Licenciada en Ciencias Empresariais, especialidade Investimento e Financiamento, pola Universidade de Vigo, 2001

Idiomas

  • Francés

Asociacións profesionais

  • Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra