Vostede está aquí

Quen somos

PS Tributación y Finanzas é unha firma de consultoría multidisciplinar xestionada por un grupo de economistas e avogados con ampla experiencia en asesoramento fiscal, contable, financeiro e legal para particulares, profesionais e empresas.

As nosas orixes remóntanse ao ano 1984 no que o socio fundador Luís Sáenz constituíu en Vigo unha primeira sociedade dedicada ao asesoramento, que foi evolucionando até a situación actual.

Un equipo experto e en formación continua

A dilatada experiencia do noso equipo, e o profundo coñecemento dos diferentes sectores de actividade dos nosos clientes, permítennos aportar un asesoramento integral de alto valor engadido, achegando as solucións máis axustadas á problemática contable, fiscal, legal, económica e financeira que poida aparecer.

A actualización permanente do noso persoal é outra das características da firma, na que continuamente se realizan cursos de formación e reciclaxe profesional coa consecuente adaptación aos continuos cambios legais, permitíndonos ofrecer sempre unha gran flexibilidade e rapidez de resposta en todas as cuestións expostas polos nosos clientes.

O noso enfoque

O noso enfoque como asesores consiste no tratamento das áreas da empresa desde unha óptica global, co obxectivo de lograr unha optimización de solucións aos problemas detectados ou que poidan xurdir no futuro.

En PS entendemos o noso papel asesor como unha participación proactiva co cliente. Integrámonos dentro da propia estrutura financeira da empresa, colaborando no proceso de revisión da súa operativa, ofrecendo a nosa experiencia para a detección de ameazas e fortalezas nas diferentes áreas de negocio e achegando solucións satisfactorias para as debilidades descubertas. Para lograr estes obxectivos, PS mantén tamén acordos de colaboración con outras firmas de prestixio na nosa contorna.

Para PS a seriedade e a ética nos negocios é un punto básico e fundamental no noso ideario persoal e profesional, mantendo un estrito código deontolóxico e ético de actuación cos nosos clientes que abarca á totalidade do persoal da firma.

Excelencia na prestación dos nosos servizos

A cualificación ISO 9001 para despachos profesionais coa que conta PS Tributación e Finanzas garante a calidade dos nosos servizos de consultoría contable, fiscal, legal, económica e financeira, dispondo para iso dunha estrutura organizativa dirixida a alcanzar sempre a excelencia na prestación dos nosos servizos. Todos os temas son tratados por algún socio, que á súa vez o xestiona directamente co equipo de traballo máis apropiado para a consulta, ofrecendo sempre un servizo de alta calidade axustado ás necesidades concretas do cliente. A antigüidade dalgúns dos nosos clientes é unha clara mostra da calidade dos nosos servizos profesionais.