Declaración da Renda 2016 - IRPF 2016 Vigo
PS Tributación e Finanzas é unha firma de consultoría multidisciplinar xestionada por un grupo de economistas e avogados con gran experiencia en asesoramento fiscal de sociedades e de particulares.
O día 5 de abril de 2016, inicia a súa andaina a campaña de renda correspondente ao exercicio 2016. Desde esta data, están dispoñibles todos os trámites para a xestión electrónica do borrador de declaración na páxina web da Axencia Tributaria.
Como en anos precedentes, PS Tributación e Finanzas pon a disposición dos seus clientes un servizo específico de análise e estudo pormenorizado da situación fiscal individual co obxectivo de reducir a tributación na declaración da renda correspondente ao exercicio 2016.
Hoxe en día a información e os medios dos que dispón a Axencia Tributaria son abafadores polo que -aínda que pareza unha obviedade-, é importante contar coa axuda de asesores expertos capaces de miniminzar a tributación e a aparición de requerimentos e comprobacións da Axencia Tributaria.
Por tanto, se desexa beneficiarse de todas as vantaxes fiscais ao seu alcance e gozar da seguridade que lle ofrece o excelente asesoramento de PS Tributación e Finanzas, non dubide en contactar connosco.
Pode solicitar cita previa e entregar toda a información fiscal relativa ao exercicio 2016, ou ben contactarnos por correo electrónico en pstributacion@pstributacion.com.
Pídanos orzamento sen compromiso...